Saltar al contenido principal
Cultural
Gratis

Proxección do filme 'Put your soul on your hand and walk', de▸

Santiago

4 Mar 2026

Cuándo

Miércoles, 4 de Marzo de 2026

19:30

Dónde

USC Universidade de Santiago de Compostela

Santiago, A Coruña

Sobre el evento

O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme 'Put your soul on your hand and walk', de Sepideh Farsi (Francia, Irán, Territorio Palestino, 2025, VOSE, 110 min) nas Sesións de Filmoteca da

Primavera Cultural

  1. Será o mércores 4 de marzo no Salón de Actos da Casa do Saber ás 19.30 horas.

"Dende unha Gaza asediada, unha moza comparte a súa vida diaria cunha cineasta que a observa desde lonxe. Entre videochamadas, risas e bombardeos, ambas constrúen unha amizade improbable, tecida con imaxes que resisten ao esquecemento. Un testemuño de beleza e coraxe fronte ao horror dun xenocidio en directo.” FILMOTECA DE GALICIA. En 2025, o filme foi nominado a mellor documental nos Premios César (París), obtivo o premio á liberdade de expresión da Asociación de Críticos Norteamericanos (NBR), foi nominado a mellor documental nos Premios Gotham e foi tamén nominado a mellor documental pola Asociación de Críticos de Chicago-

Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.

A entrada é de balde para a comunidade universitaria.

Fuente:

https://www.usc.gal//gl/servizos/area/cultura/eventos/proxeccion-filme-put-your-soul-your-hand-and-walk-sepideh-farsi

También te puede interesar